venres, 4 de decembro de 2015

Maís preto do que pensaba


Xa mencionei na entrada anterior a Foucellas un home valente e coñecido guerrilleiro de Curtis, preto de onde era a miña familia materna e constantemente recibían noticias de vecinos contando novas sobre el. Levaba a cabo a suas fechorías na zona onde eles vivían e todos o coñecian ainda que moitos tiñanlle medo porque non sabían por onde aparecería e de que maneira, soía disfrazarse xa que era un home moi buscado pola Garda Civil. Salvo a miña avoa e o resto da sua familia coñecia numerosas das suas accións pero por desgraza non están para contalas salvo ela que lembra unha que non olvidara nunca, xa que ela era unha nena.

Benigno Andrade, Foucellas
A miña avoa recorda unha das suas accións que levou a cabo nunha casa de enfrente a sua en Présaras a 9 km de Curtis, onde el vivía no monte nunha cova. Moita xente do pobo volcouse con el entre os que se atopaba o médico de Curtis, moitos veciños e algún cura. Proporcionabanlle comida e fármacos xa que a sua familia que vivía alí eran os seus fillos e a sua muller fora encarcelada e deportada.

Foi unha persoa moi cercana a miña familia xa que un dia presentouse na casa dos meus tataravós Maruxa e Francisco disfrazado de Garda Civil xunto a dous homes máis. Era media tarde e inverno, María a tia da miña avoa era a que atopábase neses momentos na casa. Cando preguntou quen vai responderonlle: a Garda Civil, abriulles a porta e preguntaronlle si era a casa dun tal Pepe o “Coxo” ela respondeulles que non pero que era a do lado. Ofreceulles pasar pola eira da casa que comunicaba coa de Pepe pero eles negáronse, despedironse e foron a casa do “coxo”.

Abrironlles a porta os país de Pepe, preguntando por Pepe a vez que ian entrado na casa. Na cociña un dos homes preguntoulles se os coñecían, e dixeronlle que non, que era a Garda Civil. Entón el identificouse como Foucellas e reclamou unha cantidade de cartos, nese intre apareceu Pepe e dixolle que non o tiñan pero Foucellas sabía que esa familia tiña cartos, por iso presentouse alí. Desconfiando, os seus compañeiros xunto con Pepe revolveron a casa en busca de cartos pero non atoparon nada, daquela Foucellas ameazouno con matalo si non lle entregaba dita cantidade de cartos (non recorda a cantidade). Os vellos pais dixeronlle que voltase outro dia polos cartos para poder xuntalos, pero Foucellas pensando co podían descubrir e denunciar dixolles que levaran o paquete a unha panadería de Curtis e que el xa os recolleria.

A cambio ordenoulles gardar silencio e non contar a ninguén o que sucedera pois sinon voltaria para facerlles dano. Resulta que Pepe si foi a deixar o paquete a onde mandoulle pero ao final nunca supose se o recollera ou non. O medo quedoulles no corpo por si volvia a aparecer, e a familia de Pepe o “coxo” mandou a unha parella de Gardas a sua casa para controlar a entrada.

Foucellas enteraríase da medida que levaron a cabo porque non volveu a esa casa. Como esta historia moitas mais levou a cabo nesta zona pero esta pareceume a máis relevante porque sucedeu na casa dos meus tataravós.

É de resaltar que sempre soía asaltar aos ricos e nunca aos pobres como vese nesta historia porque a familia de Pepe o "coxo" tiña unha posición elevada respeto aos seus vecinos. A tía da miña avoa que abriulle a porta cando supo a noticia e que era Foucellas disfrazado levouse unha sorpresa porque non o recoñecera.

Tras anos e anos escondido e sendo perseguido foi capturado a condeado a morte nos anos 50 na Coruña. Non debería olvidarse a sua figura porque nunca rendeuse ante a sua liberdade e a do pobo galego e sobre todo na miña familia, xa que era moi cercana a eles porque era da mesma zona, as suas historias sempre serán recordadas e contadas de país a fillos.

domingo, 22 de novembro de 2015

Sí ou sí


Esta é a historia do meu bisavó, que foi reclutado para exercer de Garda Civil durante os anos da Guerra en lugar de participar nela.

Vicente Martínez Abad naceu no ano 1911 no Viso pertencente a parroquia de Vilasantar na Coruña, casou con 22 anos con Concepción Platas Fernández nada tamén na mesma parroquia. A súa voda celebrouse tamén nese localidade.

Durante os primeiros anos de casados trasladáronse a vivir a Présaras onde o meu bisavó traballaba na terra e a muller traballaba na fábrica de liño de Présaras na que realizábanse colchas, alfrombras, sábanas...era propiedade dunha familia coruñesa pero máis tarde pasou a mans duns empresarios cataláns,  que anos despois como non marchaba como querían terminaron por plantarlle lume desaparecendo a fábrica por completo, polo que puido xubilarse pero moita xente quedou sen traballo. A maioría dos traballadores eran mulleres. Concha foi a primeira muller da familia en traballar de maneira remunerada.

Vicente, pola contra traballaba no campo e coidando os fillos. Tiveron seis fillos entre os que se encontra a miña avoa Celsa.

No ano 36 foi reclutado ao cuartel da Garda Civil de Touro (Arzúa) traballo que exercería pola forza e con gran pena por todo o que mandabanlle facer. Xunto cos seus compañeiros e dirixidos por un superior eran obrigados a vixiar as aldeas da zona en busca de xente contraria ao réxime, xa que moitos se escondían en palleiros, nas cuadras, nos hórreos, nos montes ou onde podían. 

Moitos veciños daban nomes as autoridades para facilitar o seu prendemento, aínda que outros axudaban a esconderse e a fuxir a pesar do risco que corrían de ser eles os delatados. Nesa zona andaba o Foucellas, un dos guerrilleiros mais coñecidos, e vironno nunha ocasión disfrazado de garda entrando na casa duns veciños a roubarlles. 

Meu bisavó contaba que un día mandáronlles ir en busca de escondidos e cando a él se lle asignou una zona dixéronlle: -Vicente, ó pallar! Como non lle quedaba, outra cumpríu a orde e cando entra, descobre que na parte de enriba había varios homes moi ben escondidos e a escuras entre as pallas. Deuse conta de que entre un dos homes que atopábase ali era un coñecido seu, Vicente reaccionou dicíndolles que por favor non fixeran ruído e que se calaran pois non estaba disposto a que a un  grupo de homes inocentes acabasen morrendo, saíu do pallar dicíndolle ao superior que alí non había nadie e durante días estuvo intranquilo e preocupado pensando que seria daqueles homes.

Por aquelas fechas a primeiros do ano 39 naceu a miña avoa, sendo a quinta filla do matrimonio e supuxo que porfín podía deixar a Garda Civil como levaba desexando dende o seu recrutamento. Sempre dicía que non nacera para exercer este traballo e menos o de deter xente por estes motivos. Voltou de novo ao traballo na sua casa de Présaras e a coidar os seus seis fillos sen nunca esquecer esos terribles anos nos que tivo que presenciar fusilamentos, inxustizas...O soldo que recibía traballando para o corpo era de 5ptas ao mes.

Tampouco esquecía o medo que pasaba exercendo ese traballo xa que algúns veciños sospeitaban de el como garda xa que crían que podía ser un dos que realmente predían a xente e ata chegaban a asustar a súa familia polo que a súa saia do corpo foi un gran alivio xa que el nunca comulgaría co réxime.
O cuartel na actualidade

sábado, 14 de novembro de 2015

Quen o diría...


O difícil drama que moitas familias sufriron durante os anos de guerra, de posguerra ou de ditadura polo que familias quedaron reducidas ou outras moitas tiveron que despedirse simplemente por defender unha postura acorde o seu pensamento.

O drama do exilio afectou a moitos galegos e galegas que víronse obrigados a abandoar a súa terra xa que serían postos en mans dos franquistas e logo asasinados.

Senteime coa miña aboa a que me contara o a historia do seu tio Pepe Platas Fernández, irmán da miña bisavoa.

Pepe era republicano o que se coñecía como roxo. Era o terceiro de sete irmáns, como eles naceu no 1907 na parroquia do Viso, en Vilasantar; A Coruña. Pouco foi a escola xa que tiña que axudar aos seus pais a coidar dos irmán pequenos ou nas terras ou co gando. “A vida era dura nas aldeas naqueles tempos” -dixome. Os seus pais eran Xan e Marica e sempre viron nel o seu carácter liberal e cos anos comezaron a ter medo co que poidera pasar, era inconformista cada vez estaba máis en contra das ideas da dereita.

Xa moi novo, miña avoa cóntame que xa lle gustaba reunirse nas tabernas para discutir sobre política ou nas reunións de familia sempre sacaba o tema.

Coñeceu a súa muller, Carmen cando tiña 19 anos e ela 18, era da Coruña, coñeceuna nas festas do San Pedro de Présaras, a onde asistía xente dos arredores. O seu noviazgo durou 5 anos e casaron na Coruña, nos tempos da república que comezaba a xurdir.

Estes anos pasounos preto da casa dos seus pais traballando na terra e como ferreiro a súa muller era costureira nunha pequena tenda na aldea, vivian en Présaras.

Conforme ían pasando os anos a débil república comezaba a tambalearse ata que no ano 36 o golpe de estado deu paso a terrible guerra que supoñía para el a súa marcha ou a morte pois sentíase perseguido e viu como algúns compañeiros estaban a ser delatados por veciños e a garda Civil viña por eles a buscalos as casas fandeoos presos e matandoos, polo que a unica solución que lle quedaba era fuxir do país.

Decidiu marchar a México, foi alí xa que un amigo marchara ao comezo da guerra. En novembro do 36 saíu do porto da Coruña rumbo a México en barco cunha gran pena ao ter que deixar a sua familia, muller e amigos sen saber que sería del alí e sen saber se podería algún día volver a pisar a súa terra. Despois dun largo viaxe chegou a México e instalouse na casa do seu amigo Vicente que xa conseguira un traballo nunha tenda. Por fín atopábase fora de peligro. Vicente axudouno a conseguir un traballo e cando gañou os primeiros cartos pagou o billete da súa muller.

No ano 40 xa atopábanse os dous instalados en México DF e tiveron unha filla chamada María nada naquel país. Despois de aforrar e poder vivir dignamente montaron unha tenda que por sorte según contaban, foilles moi ben e ata abriron outra máis na cidade, tiñan empleados traballando e pagáronlle a súa filla unha educación.

Unha vez rematada a guerra Pepe negouse a abandoar a súa privilexiada vida en México, pero cada ano voltaba uns días de vacacións a ver a súa familia no Viso o que era considerado una celebración xa que uníase toda a familia para recibilos despois dos duros anos que pasaron.

Traia agasallos para todos, xoguetes para os pequenos, roupa para as irmans, e cartos. Preocupábase en axudar co que gañaba a súa familia. Rematados estes días de vacacións voltaba a México.

Así transcorreron os anos tiveron dous netos pero Pepe faleceu no 2001 con 94 anos en México, e alí quedou enterrado.

Pola contra a súa filla voltou a España e actualmente vive en Barcelona onde un dos seus fillos traballa como oculista.

A miña avoa recorda sempre a súa chegada como una día moi esperado, xa que estaba toda a familia xunta e preparaban un xantar especial para recibir a esta parte da familia. Para os máis pequenos era como o día de Reis.

Aquí vos deixo esta imaxe que enviaronlle a miña avoa dende México, moi ben vestidos as portas do seu negocio.

domingo, 1 de novembro de 2015

Dende Sálvora para o mundo


«Amada dos vellos deuses, mortos e esquecidos xa, que Sálvora lle chamaron, afeitos nela a atopar repouso doce e tranquilo de celestiais afáns».
-Na noite estrelecida. Ramón Cabanillas.

 
A illa de Sálvora é evocadora de naufraxios e de lendas, feito que puiden comprobar cando visiteina no 2012. Na actualidade pertence á parroquia de Ribeira e é a grande descoñecida das Illas que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas unha gran pena xa que non ten nada que envidiar as famosas Cies de Vigo. A illa atópase deshabitada a día de hoxe menos o faro, que segue en funcionamento.

 
vista aérea da illa

É unha illa solitaria e a máis misteriosa de Galicia que conta cun oculto pasado, rodeada de illotes e poboada de rochas redondeadas pola acción do mar, do vento y do sal, con matorrais de toxo como única vexetación, recrean un ambente de misterio único.





Aínda que non é sinxelo acceder a ela xa que a illa foi propiedade da familia Otero-Goyanes ata o 2007, ano no que a Xunta de Galicia mercouna e foi no ano seguinte cando comezaron a traballar nas labores de rehabilitación.

 


 
No frontal da Illa pódese ver a estatua dunha serea: a serea de Sálvora. Sobre esta serea trata una das moitas lendas que hay arredor da illa, a serea chámase Mariña e é a nai dos primeiros propietarios de Sálvora, os Mariño. A escultura data de 1968, e a fixo por encargo de Joaquín Otero-Goyanes, marqués de Revilla, herdeiro descendente dos primeiros propietarios da illa como homenaxe. A lenda da serea de Sálvora explica a orixe mitolóxica desta familia.
estatua da serea logo da sua construcción




 
Conta a lenda que a serea Mariña foi encontrada na praia polo cabaleiro don Froilaz, que deseguida descubreu que era muda e casouse con ela e froito daquela relación naceu Mariño. Preocupado pola mudez da súa muller, don Froilaz confiou o seu pesar ao abade, e este aconselloulle que lle provocara unha forte emoción que puidera devolverlle a fala. O nobre acendeu entón unha fogueira e nun momento no que Mariña se achegou co seu fillo en brazos arrebatoullo e simulou botalo ao lume, o que causou a reacción esperada, e Mariña pronunciou o seu primeiro son.

 
Na illa encontrase o mítico Canal de Sagres, e aquí sitúase outra lenda galega, a do Hombre do  Sagres, que explica o porqué dos nomes de todas esas pedras que conforman o arquipielago e que sinalan as cartas náuticas, e nos traslada a un tempo anterior a romanización, cando en Galicia vivía a tribu dos oestrymnios, e os pobos celtas se extendían en oleadas polo Sur de Europa.

Conta a lenda que todo aquel que osaba ameazar a os oestrymnios era obxeto dun encantamento e se convertía en pedra, e que o rei da tribu celta dos saefes, deseoso de invadir os dominios de los primeros poboadores de Galicia, quiso eludir o encantamento cunha artimaña: o seu matrimonio con Forcadiña, filla do rei dos oestrymnios. Desta relación naceu Noro. Pero, cousas da vida, o malévolo plan foi descuberto e se produxo o encantamento: o rei dos guerreiros saefes quedó petrificado, coa sua lingua partida en sete pedazos, a mandíbula e as muelas esparcidas polos arredores. O rei saefe é, exactamente, o Home de Sagres, unha pedra con forma humana que encontrase na illa de Sagres (xunto a Sávora), e a sua lingua, é o illote Setelinguas. Ao Oeste de Punta Falcoeiro, as pedras Conles  e Queixada son a sua mandíbula desfeita, e as pedras Moas, as suas muelas, que en marea baixa se ven fronte a Setelinguas, no Paso do Carreiro.

mapa do arquipélago e todos os seus illotes


Forcadiña (frente a Punta Couso) e Noro (illote frente a la isla de Sálvora) foron también obxeto do encantamento e reposan entre outras moitas pedras que son os restos das embarcacions e do exército dos invasores saefes. Esta lenda trata de explicar os nomes dos illotes que rodean a illa principal.


Outra lenda que circula sobre o famoso relevo característico da illa. Estas son grandes moles de pedras redondeadas, dispostas en equilibrio unhas sobre outras.


No Alto de Gralleiros, preto do Faro, concéntranse unha gran cantidade destas peculiares formacións rochosas, que na imaxinación popular vinculou a lenda da Santa Compaña, a macabra procesión de mortos ou ánimas en pena que percorre polas noites os camiños anunciando a morte dalgún veciño.
relieve característico da illa
Creese que iban en duas filas, portando cada un unha luz, descalzos e vestidos con túnicas brancas, e que os encabeza un humano vivo, cunha cruz e un caldeiro, que foi condeado a vagar polas noites ata encontrar no seu camiño a outro humano, ao que entregaralle a cruz e o caldeiro. Mentras chega ese momento, irá palidecendo pouco a pouco e desmellorando o seu aspecto, pero polo día non recordará os seus recorridos nocturnos.

As xentes de Sálvora e das costas próximas creen que a Santa Compaña sae todos os vernes de entre as grandes pedras de Gralleiros hacia a aldea da illa. Despois, diríxese a Praia dos Bois, donde metese na auga en dirección a illa de Noro. Alí, oculta nas suas covas pasa o fin de semana e o luns regresa a Sálvora.


Aínda que non hai moito dende que as labores de recuperación da illa non e menos de esperar que a illa de Sálvora conta cun valor inmenso equiparable ao das demáis  illas que forman parte deste espazo natural. Deberíanse realizar máis excursións e viaxes a ela xa que ademáis de conter fermosas lendas, na supercicie da illa tamen atopase una antiga aldea de pedra abandoada e ser reconstuir pero con as suas casas e establos aún en pé, onde localizanse algunhas ferramentas e obxetos de la vida cotidiana de sus antiguos habitantes., asi tamén como una fábrica de salazóns que foi tamén un pazo da familia propietaria da illa durante anos, as prais de Bois e do Castelo. O faro, en outro dos vértices da illa, manten a sua importante actividade e foi durante a Segunda Guerra Mundial utilizado pola Marina como observatorio do tráfico marítimo.
antigo poboado abandonado
o pazo xunto a capela da illa

 

venres, 23 de outubro de 2015

Unha ponte sen casi un heroe


Na ocupación romana de Gallaecia, os romanos levantaron dende termas ata campamentos; pasando por murallas, faros, pontes, calzadas...o que quere dicir que en prácticamente calquera zona da Galicia actual poderémonos atopar restos da presenza desta poderosa civilización.


Moitas son as construcións sobre as que existen lendas ou relatos pero en especial a miña preferida é a da simbólica ponte do pasatempo de Mondoñedo, intereseime sobre esta lenda botando un vistazo nun libro que atopei por casa titulado “Las leyendas tradicionales gallegas” de Leandro Carré Alvarellos, polo que decidín indagar máis.

Semella un de tantos pontes antigos, humildes e olvidados, situado no que foi unha calzada romana, pero é un dos máis emblemáticos e cargados de lenda de toda Galicia.

restos da calzada romana


"A Ponte do Pasatempo” sitúase no barrio de “Os Muíños”, sobre o río Valiñadares do que máis tarde surxirán outros canles. xa os romanos, e logo utilizado polos peregrinos para sortear o río Valiñadares, construíron un pequeno ponte que a finais do século XV cando esta ponte verase engrandecida por unha fermosa lenda sobre nobres, clero e reis do Mondoñedo medieval, feito que será inmortalizado pola literatura Galega. Trátase sobre a figura do mariscal Pedro Pardo de Cela.
 
 
 
 
A construción, de orixe romano, consta dun arco de medio punto e é basta e escasa de adornos, pero cun entrañable encanto e atópase en pleno camiño de Santiago non son poucos os peregrinos que, dispoñendo de tempo e forzas, desprázanse ao barrio dos Muiños para acercarse a observar a ponte.

O Mariscal, fiel a Galicia e en contra da política centralista dos Reis Católicos situouse no bando de Xoana a Beltranexa na guerra civil para a sucesión do trono do falecido rei Enrique IV, pai de Xoana. A outra candidata era Isabel (futura Isabel a Católica) esta era irmá do rei. En gran parte de Galicia, tiñan máis forza os que defendían os dereitos de dona Xoana, a cal contaba cos apoios do mesmísimo Mariscal, do conde de Lemos e do de Sotomaior. Ante este desprezo hacia Isabel os Reis Católicos mandaron a Galicia una tropa de xinetes dispostos a loitar contra esta resistencia, as tropas de estes para terminar con este bando “oposto” terminou asasinando aos condes mentres que o Mariscal foi prendido no seu castelo da Frouseira.

cadro que amosa ao mariscal

A muller do Mariscal, chamada Isabel de Castro, prima da raíña Isabel, ao enterarse da triste noticia decidiu presentarse ante a raíña en demanda de clemencia e púxose camiño de Valladolid (sede da Corte real). O bispo de Mondoñedo opúxose ao outorgarlle o perdón real ao Mariscal xa que o bispo non vía con bos ollos a  este.

Polo que ao bispo corríalle presa pola morte de Pardo de Cela por si a súa muller conseguía chegar co perdon real concedido pola raíña, como así foi e logrou adiantarlle o suplicio.

Desgraciadamente o día que chegaron as novas de que dona Isabel regresaba a Mondoñedo co perdón e cabalgaba apresuradamente co fin de salvar a vida do seu esposo, polo que o bispo imaxinou un medio para entreter a Isabel e que o perdón nunca chegara e enviou a entrada da cidade a algúns dos seus canónicos que agardaron a súa chegada e a entretiveron con un cento de fabladorías enganosas. Ela quería seguir adiante pero foi impedida debido a que a conversa continuaba.

plaza na que levouse a cabo o seu degollamento
Entre tanto, na praza da catedral o Mariscal estaba sendo degolado e a súa cabeza rodou polo chan berrando: “Credo, Credo, Credo” ata as portas da Catedral e as campanas da catedral dobraron a morto e foi cando a aterrorizada condesa puido entrar na cidade xa tarde e dende entón esta ponte romana é chamada a Ponte do Pasatempo, por ser aí onde Isabel de Castro foi entretida.

placa honorifica dedicada ao mariscal
 

Pardo de Cela foi unha figura moi aclamada pola cultura galega sobre todo polos literatos galeguistas como R.Cabanillas ao que lle dedicou a peza teatral titulada “O Mariscal” que ensalzaban a súa labor de resistencia fronte ao centralismo polo que se lle considera un mártir por morrer defendendo os intereses do pobo galego.







domingo, 18 de outubro de 2015

Marabillas castrexas


Esta entrada decidín dedicala aos fantásticos tesouros castrexos e pre-históricos que foron atopados en terras galegas, contan con un valor inmenso xa que foron realizadas en ouro. Os castrexos eran uns grandes orfebres que deixaron un legado admirable.


torque de bisutería actual
torque castrexo de oro mazizo
Eu, como grande apaixonada das xoias vou facer una visión xeral de todos aqueles tesouros atopados especialmente na comarca de Ferrolterra. Aínda que estas xoias son pezas destinadas ao desfrute, exhibición, mostra do poderío, non teñen nada que ver co concepto que hoxe en día temos delas pero gostaríanme destacar que moitas pezas de xoiaría e bisutería actual están inspiradas nestas, como se pode observar nos torques, pezas castrexas por excelencia e que se atoparon en maior cantidade no noroeste e que varían según na zona xeográfica na que foron atopadas. Outro exemplo é, os aros (a cultura castrexa chamábaos arracadas) que moitos homes e mulleres utilizan como pendentes, xa foron elaborados polos castrexos cun valor simbólico ou de poderío, así tamén como colares, diademas. Os castrexos foron os primeiros xoieiros que traballaron en materiais tan valiosos como é o ouro e a prata e mantense case intactos ata hoxe.

arracada castrexa ou pendente
Moitos historiadores centraron parte da súa investigación neste tema como por exemplo López Cuevillas e Vicente Risco que participaron nas escavacións do Castro de San Cibrao de Las:

“El estudio de este castro empezó con una primera visita al yacimiento por parte de Florentino López Cuevillas y Vicente Risco en el año 1921. La impresión extraída de la observación en esta visita les condujo a solicitar los correspondientes permisos para realizar una excavación oficial. Estes permisos fueron otorgados al año siguiente.” Párrafo extraído da Wikipedia

Os tesouros castrexos atopados e conservados non son moitos debido a que moitos foron roubados ou vendidos parcialmente ou na sua totalidade, o que consta de maior valor e o tesouro dos Gil, en Lugo. En Ferrolterra atopouse o chamado Tesouro de Bedoya, este tesouro está formado por pezas de ouro de orixe castrexa e por aneis de ouro e prata aínda que a suas pezas clave son as moedas. Este tesouro foi atopado na localidade ferrolana de Serantes e o seu nome debese ao apelido da familia que protagonizou o descubrimento, esta familia tiña o seu orixe no País Vasco. Este descubrimento marca un antes e un despois na historia da arqueología galega, ao aparecer xoias prehistóricas asociadas con moedas, algo que viña sucedendo no resto da península Ibérica, algo totalmente novo en Galicia naqueles tempos. O descubrimento produciuse no principio dos anos 40 cando D. Francisco Bedoya Fojo, mandou limpar as pedras dunha eira contigua á casa onde vivía. O servente encargado da limpeza traballaba á altura dun antigo pozo (hoxe garaxe) cando despois dun golpe de sacho atopou un pequeno recipiente de bronce con algo que brilaba no seu interior, semellando ser píntegas; sorprendido, buscou ó seu amo, que a lombos dun cabalo, achegouse ata o pozo. Ante a importancia do achado, temeroso de que se soubese o que alí aparecera, ocultouno no faiado da casa, onde estivo gardado durante uns 10 anos. Pasado este tempo, D. Justo Bedoya (fillo de Francisco) leva á súa filla a Santiago a unha consulta médica o cal o médico era un gran afeccionado á numismática e coñecendo esta afección confesaronlle o que tiñan gardado. Inmediatamente o doutor comentoullo ó seu amigo D. José Filgueira Valverde (Director del Museo de Pontevedra) e xuntos acordaron que na próxima consulta da familia Bedoya, levasen as pezas en cuestión, unha vez o tesouro estivo en Santiago, tras verificar súa autenticidade, D. J.Filgueira Valverde incitounos a depositalo nun museo.

 
O tesouro consta de:
tesouro de Bedoya

-1 diadema de ouro.

-2 arracadas de ouro, de tipo arriñonado.

-2 arracadas de ouro, de tipo laberintiforme.

-1 anel signatario de ouro, con entalle.

-1 anel de ouro, cunha pedra (amatista) engarzada.

-2 áureos, datados entre os anos 54 e 85 d.C.

-27 denarios de prata, datados entre os anos 63 a.C. a 91 d.C.

-1 recipiente de bronce, que foi onde apareceu o tesouro.

Outros tesouros dignos a mencionar son os de:

O Tesouro de Recouso

Atopado no 1921, durante a realización de tareas agrícolas, foi hallado casualmente o coñecido como Tesouro de Recouso no Castro do mesmo nome na parroquia de San Martiño de Marzoa na provincia da Coruña. Esta composto de:
tesouro de Recouso

-Un macho de corchete.

 -Dous trozos de diferentes cadenas.

-Tres argolliñas incompletas e en pedazos.

 -Sete medias luas.

-Oito colgantes

 
Tesouro de Elviña

tesouro de Elviña
Nunha excavación arqueolóxica de 1947 apareceu a primeira peza de ouro, un fragmento, que anunciaba o hallazgo, anos máis tarde, do conxunto de diadema, gargantilla e colar coñecido como "Tesouro de Elviña", que pode contemplarse hoxe no Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón na Coruña. Este tesouro foi atopado nas excavacións do castro de Elviña. As escavacións de este castro atópanse actualmente paralizadas.

 
Tesouro dos Gil

Consta de corenta pezas, na súa inmensa maioría de ouro, compoñen a que sen dúbida é a principal colección de ourivería castrexa que existe en Galicia. Pezas, como o torques de Burela ou o Carneiro Alado de Ribadeo fan parte deste conxunto. E consta de:

-Lámina de tiras de Monte dos Mouros
sala do museo onde atópase

-Torques de Burela

-Torques de prata de Mondoñedo

-Arracadas de Valiña/Masma

-Carneiro alado de Ribadeo

Actualmente despois de anos de indecisions decantaronse por depositalo no museo arqueolóxico de Lugo.

 
Tesouro de Caldas de Rei

Este tesouro é un conxunto de 36 pezas por un total de 14,9 kg de ouro de máis de 20 quilates. O tesouro apareceu no 1940. O seu descubrimento realizouse cando varios homes estaban colocando esteos para unha viña nun terreo acabado de rozar, cando Amalio Touceda Devesa, ó facer un burato na terra, observou que co ferro que estaba a cravar saía un pedazo de ouro. Xunto cos outros obreiros que traballaban con el, escavaron e atoparon o tesouro tan só a uns 20 cm de profundidade. O tesouro estaba directamente na terra, sen recipiente ningún.

Os descubridores decidiron calar o achado e proceder á súa venda ós poucos, pero foron descubertos en xuño de 1941 pola Garda Civil, que procedeu a intervir o que lles quedaba e avisar ós expertos. Fermín Bouza-Brey, como Comisario provincial de Escavacións Arqueolóxicas, acudiu ó cuartel da Garda Civil e recoñeceuse o valor histórico e arqueolóxico do achado. Ese mesmo día depositaron o tesouro no Banco de España de Pontevedra. A noticia do achado apareceu no Boletín da Real Academia Galega no 1942.

Como se vendeu boa parte dos obxectos que conformaban o tesouro, resulta imposible saber con exactitude a súa composición. Polas declaracións dos descubridores suponse que podería estar formado por uns 25 kg, dos que se conservan 14,9 kg. Das mesmas declaracións dedúcese que o que se perdeu foron lingotes, non ningunha peza singular.

Recentemente se descubriu outro tesouro, este dentro da cidade, que se deu en denominar Tesouro de Caldas II, algo posterior ó principal. Está formado por un aplique cónico e 53 finas láminas enroladas en forma de pequenos tubos, que se supón proceden dunha diadema de liñas que foi troceada.

tesouro de Caldas de Rei
O tesouro consta de:

-Tres vasos ou xerras, cunha asa.

-Un peite con tres semicírculos.

-31 lingotes anulares, un de gran tamaño (21 cm de diámetro máximo e 870 g de peso) e o resto de tamaños comprendidos entre os 13 e os 7 cm de diámetro. Inicialmente estes elementos foron considerados como un torque e brazaletes pero agora se asume que son simplemente lingotes de ouro en forma de anel, este remata en dous remaches planos cun burato, fórmula claramente distinta da empregada noutros torques coñecidos, e que permitían abrir e pechar o aro con facilidade. Tres destes lingotes mostran sinais de haber sido cortados e dobrados polos descubridores.

-Seis fragmentos que formarían parte dunha lámina de tiras.

O tesouro da Fonte Branca

Este tesouro é quizais o que máis carácter mitolóxico ten e conta que en Mazaeda de Neiro, A Fonsagrada (Lugo), hai unha finca na que se encontraron restos de espadas dos castrexos que alí vivían nunha casa chamada a Rebordela.
A xente lembra unha fonte branca na que din que se encontraba un tesouro. Fai dous anos remexendo entre pedras e lousas atopáronse os restos daquela suposta fonte que agora é cor cinza abrancazada, pero non do tesouro.

municipio de Neiro
Para concluír este traballo, en Galicia atóparonse moitas pezas castrexas cun valor incalculable pero moitas veces non son coñecidas polo que eu destaco que deberíanse levar a cabo labores de divulgación e así como visitar os museos onde se atopan porque para toda persoa aficionada tanto a historia como as xoias creo que é algo único e un orgullo que foran atopadas nesta terra e cantos tesouros aínda quedan por descubrir se se impulsaran labores de arqueoloxía e os gobernos dedicaran cartos a estos traballos.

 
Vos deixo tamén un test que fixen e nel poderedes comprobar como andan os vosos coñecementos sobre a historia de Galicia a grandes rasgos
TEST