domingo, 15 de maio de 2016

Qué é Galicia para min?

Chegou o peor

Atopámonos no ano 2073, o avance das tecnoloxías, a aparición doutras novas, de novas fontes de enerxía, a creación de novos aparellos informáticos fixeron que chegara o que temíase xa dende fai tempo, a xente deixou de falarse, para iso xa estaban os móviles, tablets etc...

As conversas entre persoas, a fala, as conversas a hora de comer, nas reunión familiares, nas escolas, nos postos de traballo...o avance dos aparellos como móviles, tablets, e outros novos que apareceron nestes últimos anos foron os culpables desta perda.

A pesar de que todo o que aportaban similaba ser beneficioso e permitiannos realizar cousas impensables, chegou o día que anos atrás científicos como Einstein predeciron no pasado.


Estamos na época na que a tecnoloxía domina
os nosos días e podemos dicir que estamos nunca xeración tecnoloxica, os aparellos casi poden ser considerados persoas humanas porque o que realizan é casi equiparable ao que una persoa humana fai, as persoas perderon moitas capacidades intelectuais debido a que os aparellos pensaban por eles, realizaban tareas e traballos no seu lugar, o sedentarismo alcanzou cifras altísimas o deporte case non era practicado...as tecnoloxías absorberonnos totalmente.





















A profecía que temía Einstein cumpliuse e o que nos espera nos seguintes anos e no século XXII e un avance desta situación debido ao contento dos cidadáns xa que realmente as actividades e a acción humana quedou tan reducida que a vida é realmente cómoda xa que os que realmente traballan son os aparellos.







 

domingo, 8 de maio de 2016

Os benefactores de Betanzos

Cando era pequena, meus avos soían levarnos a miña curma e a min a xogar ao parque do Pasatempo de Betanzos, encantabanos os animais que ali había, as grutas secretas, o estanque, o león xigante...sempre que o pedíamos levábannos e para nos era un dia xenial.

Nunca pareime a pensar de quen fora a xenial idea de construir o parque ata que con 16 anos fun de excursión a cidade de Betanzos e fomos a visitar o parque, alí, unha profesora contounos que uns irmans da cidade apelidados García emigraran a América e fora tal a fortuna que fixeron que cando chegaron a Betanzos de volta construiron o parque para mostrarlle ao mundo todo o que había nos restos dos países.

Pero agora con 18 anos sempre que paso por alí pregunto a os meus país o porque do parque e porque é tan bonito eles contestanme que foron uns irmans indianos os que o realizaron pero non me sacan de dúbidas...polo tanto, decidín adicar esta entrada de tema libre a estos dous irmans e todo o que realizaron na sua cidade e polos Betanceiros.

Estos dous irmans era Don Juan García Naveira (Betanzos, 16 de maio de 1849-Betanzos, 9 de marzo de 1933) e Don Jesús García Naveira  (Betanzos, 14 de xunio de 1853 - San Nicolás de los Arroyos, 24 de marzo de 1912) na sua cidade natal realizaron multitude de obras de caridade a principios do século XX, na que investiron boa parte da fortuna que reuniron alá, tanto individual como conxuntamente. Como mostra de agradecemento e recoñecemento, a cidade de Betanzos dedicoulles a praza principal da cidade.

Eran fillos de labregos, que tiveron que emigrar para sobreviviren, desenvolvendo distintos traballos en Bos Aires ata que crearon unha empresa dedicada á importación, Etchegaray, Arriarán y Cía. Posteriormente emprenderon outros negocios e dedicáronse ós servizos bancarios, o que lles reportou abundantes ingresos cos que fixeron unha boa fortuna.

O número de obras que estes realizaron na cidade foi inmensa, entre elas atopanse:

-O máis espectacular foi o parque do Pasatempo, onde pasei moitas horas xogando e correndo polas suas instalaciós cando era nena:
O Parque do Pasatempo foi diseñado e costeado por Don Juan García Naveira, foi o seu empeño persoal. A sua construcción iniciouse entre 1893 e 1895. Foi concebido como un parque enciclopédico a modo da época, onde vense plasmadas as vivencias que este indiano adquiriu nas suas numerosas viaxes. O parque estaba dividido en duas partes: os xardins e o núcleo plástico.
En 1914 o parque estaba prácticamente configuardo. Coa muerte de Don Juan, que non deixou estipulada a continuidade do parque, o estallido da Guerra Civil e as suas consencuencias produxeron o deterioro do parque. Co paso dos anos foise cubrindo de maleza ocultando prácticamente todo o recinto. En 1986 o Concello de Betanzos compra estos terreos e o parque comeza a renacer.


-O lavadeiro público gratuito é outra das fundacions comuns dos irmans García Naveira. Foi construido no 1902.

Tratase dun edificio puramente funcional de duas prantas. Conta con duas filas de lavadeiros (para usalas segundo as mareas), ten capacidade para 22 lavandeiras simultáneas e conta con lareira e secadeiros cubertos.
Os irmans García Naveira esptipularon una serie de cláusulas para su uso:
  • Que fora público e gratuito.
  • Preferencia do uso para as lavandeiras profesionais, é decir as que gañanse con elo a vida.
  • Non se podera comercializar coas suas instalacions.
  • O Concello encargarare da sua conservación e vixilancias.
Co paso dos anos sufriu reformas na parte superior e actualmente sigue en uso.


-Escola Jesús García Naveira
Tratase dun edificio de pranta baixa que conta con tres corpos, un central e os laterais, un era o pabillón de nenas e outro de nenos. Ten un esquema simétrico e fai un bo aproveitamento da luz natural no interior. Emplea elementos tomados da arquitectura hispano-musulmana. El arquitecto que traballou neste edificio foi Rafael González Villar. Actualmente alberga a guardería municipal.

-Escolas García Hermanos,
En 1908 os irmans García Naveira fundan o Patronato Benéfico-Docente García Hermanos co fin de proporcionar albergue, vestido, alimento y cuidados médicos a os ancianos e alimentos, educación e enseñanza aos máis novos. Para elo construirianse dous edificios independientes sobre un mesmo solar. A escola foi inaugurada en 1914 e o asilo en 1912, este último non se conserva.
Tratabase de edificios maxestuosos dotados das máis modernas comodidades e avances da época. A escola contaba cos métodos pedagóxicos máis modernos, contando cun museo, intentaban despertar os sentidos e imaxinación dos públicos; actualmente conservanse algunhas pezas en el Museo de las Mariñas.

-Casa do pobo, a Casa do pobo está situada na Rúa Travesa. Foi construida en 1918, tratase dun legado de Don Jesús García Naveira a favor da “Federación de Sociedades Obreras de Betanzos”, deixando 50.000 pesetas a favor das asociacions obreiras locais. 
Ao comezar a guerra de 1936 o goberno vencedor disolve o que quedaba da Federación de Sociedades Obreiras e incauta a vivenda.
Hoxe en día é propiedade privada.












-Outras das obras que levantaron na cidade foi un hospital que actualmente son os xulgados.
 
 
 
 
 
 
 

 
 
 

Que pasaría se...

Fai 200 anos era utópico pensar que o home chegaria a Lúa, ahora xa fai maís de corenta anos de que un home conseguiu pisala, o que antes era utópico pensar, ahora o que resultanos utópico a nos é como sería vivir noutro planeta, se iso e posible e como sería a nosa vida ali, as ventaxas, os inconvenientes, o tipo de vida... Pero que pasaría se...



Dentro de 100 anos, grazas aos avances científicos, os nosos tataratatara netos de vida son optimas e necesitase, pvivirán nunha sociedade inimaxinable por nos hoxe en día. O home pisa Marte, o planeta maís similar a Terra o 25 de Xaneiro de 2116 o seu regreso asegura que as condicións polo tanto outro período de tempo para comezar cos preparativos para trasladar parte da vida humana a ese planeta, necesitaranse persoas dispostar, infraestructuras, servizos públicos...todo isto trasladase a Marte por medio das viaxes espaciais, é dicir, consitira en viaxes aéreos, nunhas naves coa forma dunha ave cunhas dimensións xigantes. Mentras tanto, no planeta roxo comeza a chegada dos
científicos mellor preparados do mundo encargados de señalar áreas habitables, áreas para servizos...


A xente tolea coa idea de trasladarse a un planeta totalmente novo, un cambio de aires que moitos necesitaban debido a contaminación que exisita na Terra e a suciedade e guerras que se estaban a dar entre algúns países, o petróleo esgotarase e era necesario atopar novas fontes e o praneta roxo era una gran promesa para volver a atopar a riqueza. Ao redor do 2134 constuíronse no praneta edificios, rúas, colexios, universidades, hospitais, centros comerciais, contaba con canalización de auga e de alcantarillado e as condicións climáticas eran favorables, non existía contaminación nin suciedade. Polo tanto, un ano despois chega o primer viaxe espacial que leva a bordo unhas 400.000 persoas, número perfecto para habitar a primeira cidade.




Ocupan vivendas de pisos, outros casas individuais, os rapaces comezan a escola, os seus mestres proviñan da Terra e comezaron o seu traballo ao que levaban anos adicandose nun novo lugar dando clase a rapaces totalmente novos, asi tamen foi cos demais empregos, perruqueiros montaron perruqueirias, periodistas oficinas de radio, de televisión, xornais dixitais...médicos contaban con hospitais e co tempo naceron os primeiros "marcianos" e a vida multiplicouse tanto e a xente estaba tan contenta coa vida alí que seguiron a chegar cada certo tempo mais números de viaxes espaciais e o numero de cidades que xurdian cada vez era maís alto polo que o numero de habitantes estaba casi sobre os 900.000 e acadabase o millón de persoas en moi pouco tempo.Obviamente hai praias, hoteis para aqueles que so atrevense a pasar unhas vacacións.


Convertirase todo iso nunha vida totalmente normal e ninguen decatabase de que onde estaba vivindo era totalmente impensable para os seus tátaratátara avos xa que a sociedade avanzara tan rápido que a vida de que o quixera e tivera os cartos necesarios pode establecer a sua vida sen importar o seu traballo, numero de membros da sua familia, a equipaxe que querían levar con eles e non deixar no olvido, recordos...todo cabía nos vos nas chamadas viaxes espaciais.


Marte conta con 16.000.000 de habitantes e con duas grandes cidades en torno as cales establecense as demais. Era o mundo perfecto, cada un traballaba no que lle gustaba, non había contaminación, as enfermidades eran escasas e son rápidamente curadas grazas a calidade dos médicos e dos hospitais, non existían guerras porque todos vivian encantados e en paz uns con outros, os rapaces criabanse feliz e gozan dunha saude plena, as cidades están totalmente limpias e todos os cidadans cumplen coas leis establecidas, os universitarios remataban os seus estudos e rápidamente comezaban o seu traballo.


Para aqueles que a vida en Marte non acababa de convercerlles ou simplemente añoran a sua antiga vida tamen contan con viaxes de volta, a Terra descenderá o seu numero de habitantes de manera espectacular e obviamente xa se estaba a pensar na vida en Venus.

O Modernismo en Ferrol





Rodolfo Ucha foi o encargado de achegar o Modernismo a Ferrol, facendo da cidade a cidade por excelencia do Modernismo galego. Moitos destes edificios construidos polo arquitecto foron destinados a fins públicos, como aínda hoxe en dia (cociña económica, cruz vermella, pescaderia). Outros moitos simplemente convertianse en vivendas para as acaudaladas familias ferrolanas de principios do século XX. Para os ferrolans estes acolledores edificios pasan desapercibidos cando contan cun gran valor artístico se simplemente dedicase un rato de investigación ao tema. En resumen, Rodolfo Ucha foi o home que lle deu a Ferrol un aire novo e renovador.

domingo, 27 de marzo de 2016

Ruta polos mosteiros da comarca

Despois de pasar en coche polo mosteiro de Baltar, decidín dedicar esta entrada a investigar sobre esos excéntricos edificios que tanto abundan nesta comarca, a pesar de que moitos de eles estanse a caer a cachos, a riqueza dos mosteiros galegos é inigualable.
 

Comezarei polo máis cercano a miña casa, o mosteiro do Couto:
Actualmente atópase en obras, este mosteiro é, probablemente o edificio máis representativo de Narón, atópase o lado da ría, é datado da Idade Media ainda que foronse engadindo estancias e construccións posteriores e chegou a ser un dos principais da Península. . Hoxe esta en obras, e no seu interior atopanse tumbas de nobres e un gran claustro. En Narón moitas bodas son realizadas na capela do mosteiro debido a beleza do lugar. A día de hoxe xa non quedan monxes vivindo alí.
 
 
O seguinte será o mosteiro de Baltar:


Entontrase situado no Val, en Narón e foi construído inicialmente como pazo no século XVI pola última marquesa de Lago-San Sadurniño,  e desexo de seu o lugar pasou a ser convento como o coñecemos a día de hoxe. Da súa construción orixinal só quedan dous grandes brasóns en cantería. Foi reconstruido a comezos de século XX con grandes fiestras cadradas, a balconada o os canzorros nos tellados.
Desde a súa reconstrucción a casa pasou de misión para promoción da fe na zona nos primeiros cincuenta anos, a colexio internacional nos seguintes 50, polo que pasaron preto de 200 sacerdotes. Tamén servíu. como albergue dun seminario de adolescentes misioneiros
No edificio hai unha Capela e unha fonte de estilo barroco.
 
O mosteiro de Santa Catalina:
 
Probablemente, o máis interesante dos que vou falar ainda que esta abandoado actualmente.


O mosteiro de Santa Catalina en Ares foi fundado no século XII polos condes de Traba, e pasou logo a casa de Andrade. É de estilo románico pero actualmente poco queda do estilo, xa que no século XVIII foi reformado.
O mosteiro franciscano foi moi importante, exercendo a xurisdición sobre a vila de Mugardos e Ares. Coa desamortización de Mendizábal os franciscanos o abandoaron en 1835 e se fai cargo de o exército, que o converte en cuartel, e ademáis crea baterías no monte. Por iso, moitas pezas escultóricas e capiteis están no museo de San Antón, na Coruña.
A finais do século XX o exército abandoa o cuartel e o convento é cedido ao concello xunto coas baterías.
 

O edifico conta con dous claustros cunha fonte gótica cun xabalí, símbolo da familia Andrade.
Conserva certos muraleis datados do século XVII e un  retablo de enormes dimensións.
No lugar onde foi levantado o edificio existía un altar ao sol de orixen romano
 
 
 
 
 
 
 
Mosteiro de Monfero:
 

O máis ornamentado de todos e impresionante de todos eles ademáis de tamén un dos máis grandes mosteiros que conta Galicia, está situado na contorna das Fragas do Eume e do que se conserva en bo estado a súa igrexa mentres que as dependencias monacais están en estado ruinoso.As súas orixes remóntanse cando menos ao século X. Alberga no seu interior as tumbas de membros da familia dos Andrade.



 
O máis impresionante esta no seu interior chamando a atención a impresionante cúpula e bóvedas.
Pero o século XIX será como para case todos os mosteiros o século de decadencia e polo tanto abandono e deterioro a pesar de que sufriu varios intentos de reformas.
 
Mosteiro de Caaveiro:
 
Como o anterior, atópase tamén nas Fragas do Eume, para acoller os numerosos anacoretas que vivían dispersos na zona. Pero pronto importantes doazóns de Rosendo de Celanova engrandecen o seu patrimonio recibindo este a maior parte das terras cultivables existentes á dereita do río Eume e concédenlle a xurisdición sobre vilas e freguesías eximíndoo da autoridade do arcebispado de Santiago de Compostela. Durante a Alta Idade Media coa casa dos Andrade perdeu moito poder económico, que recuperou en tempos dos Reis Católicos. A súa xurisdición abranguía as parroquias de Caaveiro, A Capela, Santa Cruz do Salto, Cabanas, Soaserra e Irís, San Pedro de Eume, A Faeira, Bermui, Goente e Ribadeume, Taboada ata chegar a Sillobre.
A partir do ano 1800 queda abandoado, quedando ao coidado dun caseiro e inicia así a súa decadencia e deterioro.










- Convento do Rosario de San Sadurniño:
Antigo convento monacal da orde dos franciscanos, actualmente sede do concello. Conserva o claustro do convento con sete arcos de medio punto en cada lado. No interior destaca a escalera de acceso ao piso superior, para cuxa construcción se empleou a denominada "pedra de Moeche", caracterizada polo seu peculiar cor verdoso. Está no núcleo urban.
 
 

domingo, 13 de marzo de 2016

O Día das Pepitas

El Día das Pepitas en Ferrol é moi peculiar, saen as rúas as famosas Rondallas, hay moitas e case todas formadas por hombres que cantan cancións sobre Ferrol o sobre as mozas, é moi celebrado sobre todo pola xente maior que recorda con esta festa a sua mocidade, como a miña aboa, que non falta ningún ano de asistir a esta festa. 

Según me contou, a festa cambiou moito a como ela a coñeceu, cando chegou a Ferrol cando tiña 17 años. Viviase con gran estusiasmo e festividade.

Deixovos un audio contando a cousas que lembra desta tradición e un pouco da sua historia e como foi evolucionando. Olvidouse de dicir que moitos restaurantes e hoteis engaden ese día a sua carta un postre chamado "bico das pepitas" que consiste nun pastel en forma de corazón.

A sua Rondalla preferida e Luceiro del Alba, de Neda, que sempre segue nas suas actuacións. E una festa de pouca popularidade actualmente e que cada vez deixase máis olvidada.



 
Homes das Rondallas coas cintas que tradicionalmente lanzabanlles dende os balcons



domingo, 6 de marzo de 2016

TOXOS E FROLES

Comencei a pensar a que dedicarlle a primeira entrada deste novo tema sobre a cultura galega e pensei en algo relacionado coa música ata que se me viu a mente a banda de música galega Toxos e Froles, a máis coñecida na miña cidade. Tal vez acordeime dela porque é moi habitual que saía a rúa sobre todo nas procesións da Semana Santa ferrolana aínda que tamén soe dar concertos e actuar en outras ocasións.


Según lin, a orixe desta banda data de comezos do siglo XX no 1907 existía en Ferrol unha orquesta chamada Airiños d'a miña terra cando o presidente désta, o Xeneral do corpo de Enxeñeiros Andrés Avelino Comerma y Batalla, xestionou unha xira por Cataluña en Xuño de 1907. Esta orquesta de corda, cunha grande raigame na cidade de Ferrol, viaxou acompañada por un coro típico galego, debidamente uniformado cós traxes rexionais, integrado por 19 coristas, un gaiteiro , un tamborileiro e dúas parellas de baile.


Pero no 1914, por iniciativa dun gaiteiro, que era operario no arseal, xunto cun oficial de Infantería de Mariña retirado, e revisteiro do Arseal, empézase a darlle forma ó nacemento dun coro galego na Cidade de Ferrol, nun primeiro momento denominado Coro Feijóo "Toxos e Froles", rendindo homenaxe ó iniciador dos coros galaicos, D. Perfecto Feijóo y Poncet, que era coñecido popularmente como o "Gaiteiro do Lérez", e o que lles impulsa a levar a cabo este proxecto. Así, comenzan a ensaiar no local de "Airiños d'a miña terra", e os domingos no Teatro "Romea" que actualmente é o teatro Xofre. O Toxos toma forma definitiva cando o Goberno Provincial refrenda o regulamento polo que se rexiría no futuro, o 30 de xaneiro de 1915, ademáis a primeira bandeira do coro foi conseguida por subscrición popular e entregada polo poeta ourensán Antonio Rey Soto, representante das Irmandades da Fala.


Ao pouco tempo comezaron a incorporar a o coro voces de mulleres e a primeira obra que interpretaron foi unha zarzuela titulada "O zoqueiro de Vilaboa"pero seguironna obras como o himno galego.



Na traxectoria artística do Real Coro "Toxos e Froles", incontables foron os premios acadados pola Coral e corpo de baile. Entre eles baste citar o 1º Premio nas III Xornadas, en 1971; o 3º Premio no Festival Folklórico de Alcázar de San Juan, en 1974; outro 1º Premio nas Xornadas Folklóricas da Cidade de Ourense, en 1979; 3º Premio no Festival Internacional de Torremolinos, en 1992, etc..Tamén é de destacar que a agrupación conta con numerosas distincións.


Actualmente, a coro esta formado por 45 componentes que tamén abarca agrupacións de cantareiras, teatro, unha escola de palilleiras e bordadoras, de baile tradicional, grupos de instrumentos...


 

sábado, 20 de febreiro de 2016

As Encrobas

Así comezou o conflicto das Encrobas, un conflicto agrario iniciado no 1975 que acadou una gran repercusión en Galicia. Nel reflíctense as peculiaridades e características daquel cheo de expectativas de liberdade e transformación social.








A empresa eléctrica galega, denominada entón Unión Fenosa, pretendeu explotar un xacemento de lignito pardo depositado no subsolo do val agrícola sobre o que se asentaba unha gran parte da poboación desta parroquia, que roldaba naquel momento os mil cincocentos habitantes. O procedemento elixido, de extracción a ceo aberto, esixía o desaloxo de aproximadamente catrocentas familias campesiñas , estas familias dedicabanse á agricultura e a gandaría.

O papel das mulleres na revolta foi fundamental

O gobernó aprobou un expediente de expropiación forzosa para que a empresa, se non chegaba a acordos cos afectados, puidese facerse cos terreos urxentemente. Foron precisamente os enfrontamentos aos que deron lugar os intentos de ocupación dos terreos, fotografados e narrados polos periódicos con forte dramatismo, os que outorgaron protagonismo ás mulleres das Encrobas e suscitaron o apoio masivo da sociedade, que sería decisivo para o abandono do procedemento expropiatorio e a apertura de negociacións entre a empresa e as persoas afectadas. O último destes intentos de ocupación, que se prolongou durante toda unha fría mañá do mes de febreiro de 1977 e deu como resultado desmaios, agresións e detencións, ocupou portadas e páxinas interiores de varios periódicos e revistas, nas que podiamos ver mulleres situadas na primeira liña da resistencia, enfrontándose con decisión ao embate da Garda Civil.

Moncho nunha das suas intervencións
 
 O momento cumbre do conflicto foi no ano 1977 cando aproximadamente 200 gardas civis trasladáronse a aldea armados con fusiles co obxetivo de levar a cabo a expropiación.
No lugar a poboación soportou as cargas e a sua oposición a deixarse avasallar e regalar as suas terras acabou por ter recompensa. Esta oposición fixo que a Unión Fenosa tivera que cambiar de estratexia e realizaron una nova oferta aos agricultores. Responderon defendendose dos gardas con paraguas e pedras
 
O conflicto nunca quedou resolto completamente, pero os seus habitantes tiveron que abandonar a sua casa e a parroquia sufriu un importante éxodo rural, moitos deles deixaron pegada na participación no conflicto como foi Moncho Valcarce, o cura das Encrobas foi detido tras a contenda.

Nos días de hoxe, alí atopase una gran central térmica no solo expropiado a os campesiños que tiveron que buscarse a vida tralo seu desaloxo.

















 

martes, 9 de febreiro de 2016

Destinada ao crematorio

Mercedes Nuñez foi unha muller galega nada en Barcelona, non moi coñecida a pesar da sua apaixoante historia.


Mercedes, de país galegos, naceu en Barcelona no 1911 e morreu en Vigo no 1986. Durante a República traballou como secretaria de Pablo Neruda entre outras cousas e afiliouse ao Partido Socalista catalán unificado, pero co estalido da Guerra Civil exiliouse a Francia e a sua volta a Galicia nomearonna dirixente comunista o que fixo que pouco tempo despois foi encarcelada e pisou varias carceres españolas como a das Ventas en Madrid, tras un erro burocrático foi posta en liberdade e puido contiuar coa sua actividade pero foi moi perseguida e tivo que marchar por segunda vez ao exilio francés onde colaborou coa resistencia francesa e foi ingresada no campo de Argeles.


Novamente foi detida pero neste caso pola Gestapo alemá e transportaronna xunto outro grupo de republicanos e comunistas españois entre os que destacaban un gran grupo de mulleres ao campo de concentración de Ravensbrück.


 En Ravensbrück Mercedes vive á beira da morte, intentando sobrevivir cada día ás duras condicións do campo nazi, ao terrorífico appel (horas interminables en posición de firmes á intemperie), á fame e ás torturas que facían cada día efecto nos corpos das mulleres. Foi destinada a unha fábrica de armamento, Mercedes ten aínda forzas para sabotar o proceso de produción, coa idea de gañar terreo para unha guerra da que ela aínda se sente combatente.

carta cos nomes de todos os galegos presos polos nazis xunto a Mercedes

No 1945 os aliados entraron no campo e liberación colle a Mercedes Núñez na enfermaría, xusto nos días en que se prevía o seu traslado á cámara de gas. Lembra ela como moitos dos deportados agardaron ese día co último fío de vida para morrer en canto se sentiron liberados. Non foi o seu caso, Mercedes sae do horror nazi e, despois de pasar por varios sanatorios e centros de repouso, continúa o seu exilio en París, xunto co republicano Medardo Iglesias, co que tería o seu fillo Pablo, nacido tamén como exemplo da súa resistencia. Ela mesma elaborou unha carta cos nomes de todos os galegos detidos polos nazis que estaban xunto a ela no campo de concentración.

Mercedes morre no ano 1985 na sua Galicia e deixa todo o seu legado ao seu fillo Pablo Iglesias Nuñez, que segue moi activo a difundir a historia da sua nai e dirixe a Amical de Mauthausen en Galicia.


domingo, 31 de xaneiro de 2016

A loita obreira en Ferrol

10 de Marzo de 1972, Ferrol.


Este día foi convocada unha xuntanza nas portas do astilleiro chamado por entón, Bazán. Entorno as 7 e media da maña encontrábanse ao redor de 4000 traballadores entre os que se atopaban os sindicalistas Daniel Niebla e Amador Rey. A intención da protesta era chegar ao polígono de Caranza en búsqueda de solidaridade dos traballadores non so do astilleiro, senon tamén doutras empresas como Astano e poderen realizar unha asamblea. Como sindicalistas reclamaban o convenio colectivo, loitando por mellorar as condicións de vida da sua clase, e reivindicando o dereito a negociar un convenio polos traballadores de Ferrol para a sua factoría.


Os traballadores parten en grupo hacia a ponte das Pías. Alí emboscalles a policía franquista e comeza a carga policial. Os obreros, cos seus líderes sindicais a cabeza, ao grito de “¡A eles!” responden as agresions policiais con palos e pedras. A policía responde con pistolas e metralletas. 16 obreiros foron feridos de bala, pero Amador Rei e Daniel Niebla caeron mortos, os dous falecidos tiñan 38 anos e familia. Máis de corenta feridos, algún en estado moi grave, como Julio Aneiros, dirixente de Comisions e ducias por outras lesións, 160 despedidos, 101 detidos, 60 encarcerados e 54 multados con entre 50.000 e 250.000 pesetas. Só se coñece unha imaxe do acontecido: unha foto onde se ve aos traballadores camiñando pola Estrada de Castela á altura do barrio de Recimil, uns minutos antes dos feitos.



Amador e Daniel, obreiros de Ferrol, foron enterrados o día siguiente, o funeral converteuse nun acto de solidaridade coa clase obreira baixo a atenta mirada dos gardas civis.

Como consecuencia, mesmo día do asasinato, por toda Galicia sucedense as mostras de solidaridade e duelo. Nos muros de Vigo aparecen pintadas como “Galiza con Ferrol”, “Policías asasinos”, “¡Viva Ferrol!”. Prodúcense paros importantes en varias fábricas de Galicia, como Citroën, se convoca folga xeral en Galicia e ten lugar unha importante manifestación na Porta do Sol de Vigo.

O 20 de Marzo, os traballadores de Bazán volven ao traballo, con as portas tomadas pola vixilante policía, armada con metralletas. O paro foi total ata o 20 de marzo. A nova tivo alcance mundial e apareceu nas portadas de The Guardian, Le Monde ou The New York Times.




No ano 1997, o Parlamento de Galicia aprobou unha declaración institucional onde facía constar o especial significado do 10 de marzo, celebrado polas principais organizacións sindicais do país como Día da Clase Obreira Galega. So existe unha fotografía onde se ve aos traballadores camiñando pola Estrada de Castela á altura do barrio de Recimil, uns minutos antes dos feitos.



fotografía dos manifestantes pola Carretera de Castela



O acontecido o 10 de marzo de 1972 nunca foi levado aos xulgados e ninguén respondeu pola morte dos dous traballadores nin polos feridos e pediuse que se lles otorgara a medalla de Galicia a os dous homes mortos, pero foi rexeitada.



 

Mulleres que cambiaron Galicia

venres, 4 de decembro de 2015

Maís preto do que pensaba


Xa mencionei na entrada anterior a Foucellas un home valente e coñecido guerrilleiro de Curtis, preto de onde era a miña familia materna e constantemente recibían noticias de vecinos contando novas sobre el. Levaba a cabo a suas fechorías na zona onde eles vivían e todos o coñecian ainda que moitos tiñanlle medo porque non sabían por onde aparecería e de que maneira, soía disfrazarse xa que era un home moi buscado pola Garda Civil. Salvo a miña avoa e o resto da sua familia coñecia numerosas das suas accións pero por desgraza non están para contalas salvo ela que lembra unha que non olvidara nunca, xa que ela era unha nena.

Benigno Andrade, Foucellas
A miña avoa recorda unha das suas accións que levou a cabo nunha casa de enfrente a sua en Présaras a 9 km de Curtis, onde el vivía no monte nunha cova. Moita xente do pobo volcouse con el entre os que se atopaba o médico de Curtis, moitos veciños e algún cura. Proporcionabanlle comida e fármacos xa que a sua familia que vivía alí eran os seus fillos e a sua muller fora encarcelada e deportada.

Foi unha persoa moi cercana a miña familia xa que un dia presentouse na casa dos meus tataravós Maruxa e Francisco disfrazado de Garda Civil xunto a dous homes máis. Era media tarde e inverno, María a tia da miña avoa era a que atopábase neses momentos na casa. Cando preguntou quen vai responderonlle: a Garda Civil, abriulles a porta e preguntaronlle si era a casa dun tal Pepe o “Coxo” ela respondeulles que non pero que era a do lado. Ofreceulles pasar pola eira da casa que comunicaba coa de Pepe pero eles negáronse, despedironse e foron a casa do “coxo”.

Abrironlles a porta os país de Pepe, preguntando por Pepe a vez que ian entrado na casa. Na cociña un dos homes preguntoulles se os coñecían, e dixeronlle que non, que era a Garda Civil. Entón el identificouse como Foucellas e reclamou unha cantidade de cartos, nese intre apareceu Pepe e dixolle que non o tiñan pero Foucellas sabía que esa familia tiña cartos, por iso presentouse alí. Desconfiando, os seus compañeiros xunto con Pepe revolveron a casa en busca de cartos pero non atoparon nada, daquela Foucellas ameazouno con matalo si non lle entregaba dita cantidade de cartos (non recorda a cantidade). Os vellos pais dixeronlle que voltase outro dia polos cartos para poder xuntalos, pero Foucellas pensando co podían descubrir e denunciar dixolles que levaran o paquete a unha panadería de Curtis e que el xa os recolleria.

A cambio ordenoulles gardar silencio e non contar a ninguén o que sucedera pois sinon voltaria para facerlles dano. Resulta que Pepe si foi a deixar o paquete a onde mandoulle pero ao final nunca supose se o recollera ou non. O medo quedoulles no corpo por si volvia a aparecer, e a familia de Pepe o “coxo” mandou a unha parella de Gardas a sua casa para controlar a entrada.

Foucellas enteraríase da medida que levaron a cabo porque non volveu a esa casa. Como esta historia moitas mais levou a cabo nesta zona pero esta pareceume a máis relevante porque sucedeu na casa dos meus tataravós.

É de resaltar que sempre soía asaltar aos ricos e nunca aos pobres como vese nesta historia porque a familia de Pepe o "coxo" tiña unha posición elevada respeto aos seus vecinos. A tía da miña avoa que abriulle a porta cando supo a noticia e que era Foucellas disfrazado levouse unha sorpresa porque non o recoñecera.

Tras anos e anos escondido e sendo perseguido foi capturado a condeado a morte nos anos 50 na Coruña. Non debería olvidarse a sua figura porque nunca rendeuse ante a sua liberdade e a do pobo galego e sobre todo na miña familia, xa que era moi cercana a eles porque era da mesma zona, as suas historias sempre serán recordadas e contadas de país a fillos.

domingo, 22 de novembro de 2015

Sí ou sí


Esta é a historia do meu bisavó, que foi reclutado para exercer de Garda Civil durante os anos da Guerra en lugar de participar nela.

Vicente Martínez Abad naceu no ano 1911 no Viso pertencente a parroquia de Vilasantar na Coruña, casou con 22 anos con Concepción Platas Fernández nada tamén na mesma parroquia. A súa voda celebrouse tamén nese localidade.

Durante os primeiros anos de casados trasladáronse a vivir a Présaras onde o meu bisavó traballaba na terra e a muller traballaba na fábrica de liño de Présaras na que realizábanse colchas, alfrombras, sábanas...era propiedade dunha familia coruñesa pero máis tarde pasou a mans duns empresarios cataláns,  que anos despois como non marchaba como querían terminaron por plantarlle lume desaparecendo a fábrica por completo, polo que puido xubilarse pero moita xente quedou sen traballo. A maioría dos traballadores eran mulleres. Concha foi a primeira muller da familia en traballar de maneira remunerada.

Vicente, pola contra traballaba no campo e coidando os fillos. Tiveron seis fillos entre os que se encontra a miña avoa Celsa.

No ano 36 foi reclutado ao cuartel da Garda Civil de Touro (Arzúa) traballo que exercería pola forza e con gran pena por todo o que mandabanlle facer. Xunto cos seus compañeiros e dirixidos por un superior eran obrigados a vixiar as aldeas da zona en busca de xente contraria ao réxime, xa que moitos se escondían en palleiros, nas cuadras, nos hórreos, nos montes ou onde podían. 

Moitos veciños daban nomes as autoridades para facilitar o seu prendemento, aínda que outros axudaban a esconderse e a fuxir a pesar do risco que corrían de ser eles os delatados. Nesa zona andaba o Foucellas, un dos guerrilleiros mais coñecidos, e vironno nunha ocasión disfrazado de garda entrando na casa duns veciños a roubarlles. 

Meu bisavó contaba que un día mandáronlles ir en busca de escondidos e cando a él se lle asignou una zona dixéronlle: -Vicente, ó pallar! Como non lle quedaba, outra cumpríu a orde e cando entra, descobre que na parte de enriba había varios homes moi ben escondidos e a escuras entre as pallas. Deuse conta de que entre un dos homes que atopábase ali era un coñecido seu, Vicente reaccionou dicíndolles que por favor non fixeran ruído e que se calaran pois non estaba disposto a que a un  grupo de homes inocentes acabasen morrendo, saíu do pallar dicíndolle ao superior que alí non había nadie e durante días estuvo intranquilo e preocupado pensando que seria daqueles homes.

Por aquelas fechas a primeiros do ano 39 naceu a miña avoa, sendo a quinta filla do matrimonio e supuxo que porfín podía deixar a Garda Civil como levaba desexando dende o seu recrutamento. Sempre dicía que non nacera para exercer este traballo e menos o de deter xente por estes motivos. Voltou de novo ao traballo na sua casa de Présaras e a coidar os seus seis fillos sen nunca esquecer esos terribles anos nos que tivo que presenciar fusilamentos, inxustizas...O soldo que recibía traballando para o corpo era de 5ptas ao mes.

Tampouco esquecía o medo que pasaba exercendo ese traballo xa que algúns veciños sospeitaban de el como garda xa que crían que podía ser un dos que realmente predían a xente e ata chegaban a asustar a súa familia polo que a súa saia do corpo foi un gran alivio xa que el nunca comulgaría co réxime.
O cuartel na actualidade

sábado, 14 de novembro de 2015

Quen o diría...


O difícil drama que moitas familias sufriron durante os anos de guerra, de posguerra ou de ditadura polo que familias quedaron reducidas ou outras moitas tiveron que despedirse simplemente por defender unha postura acorde o seu pensamento.

O drama do exilio afectou a moitos galegos e galegas que víronse obrigados a abandoar a súa terra xa que serían postos en mans dos franquistas e logo asasinados.

Senteime coa miña aboa a que me contara o a historia do seu tio Pepe Platas Fernández, irmán da miña bisavoa.

Pepe era republicano o que se coñecía como roxo. Era o terceiro de sete irmáns, como eles naceu no 1907 na parroquia do Viso, en Vilasantar; A Coruña. Pouco foi a escola xa que tiña que axudar aos seus pais a coidar dos irmán pequenos ou nas terras ou co gando. “A vida era dura nas aldeas naqueles tempos” -dixome. Os seus pais eran Xan e Marica e sempre viron nel o seu carácter liberal e cos anos comezaron a ter medo co que poidera pasar, era inconformista cada vez estaba máis en contra das ideas da dereita.

Xa moi novo, miña avoa cóntame que xa lle gustaba reunirse nas tabernas para discutir sobre política ou nas reunións de familia sempre sacaba o tema.

Coñeceu a súa muller, Carmen cando tiña 19 anos e ela 18, era da Coruña, coñeceuna nas festas do San Pedro de Présaras, a onde asistía xente dos arredores. O seu noviazgo durou 5 anos e casaron na Coruña, nos tempos da república que comezaba a xurdir.

Estes anos pasounos preto da casa dos seus pais traballando na terra e como ferreiro a súa muller era costureira nunha pequena tenda na aldea, vivian en Présaras.

Conforme ían pasando os anos a débil república comezaba a tambalearse ata que no ano 36 o golpe de estado deu paso a terrible guerra que supoñía para el a súa marcha ou a morte pois sentíase perseguido e viu como algúns compañeiros estaban a ser delatados por veciños e a garda Civil viña por eles a buscalos as casas fandeoos presos e matandoos, polo que a unica solución que lle quedaba era fuxir do país.

Decidiu marchar a México, foi alí xa que un amigo marchara ao comezo da guerra. En novembro do 36 saíu do porto da Coruña rumbo a México en barco cunha gran pena ao ter que deixar a sua familia, muller e amigos sen saber que sería del alí e sen saber se podería algún día volver a pisar a súa terra. Despois dun largo viaxe chegou a México e instalouse na casa do seu amigo Vicente que xa conseguira un traballo nunha tenda. Por fín atopábase fora de peligro. Vicente axudouno a conseguir un traballo e cando gañou os primeiros cartos pagou o billete da súa muller.

No ano 40 xa atopábanse os dous instalados en México DF e tiveron unha filla chamada María nada naquel país. Despois de aforrar e poder vivir dignamente montaron unha tenda que por sorte según contaban, foilles moi ben e ata abriron outra máis na cidade, tiñan empleados traballando e pagáronlle a súa filla unha educación.

Unha vez rematada a guerra Pepe negouse a abandoar a súa privilexiada vida en México, pero cada ano voltaba uns días de vacacións a ver a súa familia no Viso o que era considerado una celebración xa que uníase toda a familia para recibilos despois dos duros anos que pasaron.

Traia agasallos para todos, xoguetes para os pequenos, roupa para as irmans, e cartos. Preocupábase en axudar co que gañaba a súa familia. Rematados estes días de vacacións voltaba a México.

Así transcorreron os anos tiveron dous netos pero Pepe faleceu no 2001 con 94 anos en México, e alí quedou enterrado.

Pola contra a súa filla voltou a España e actualmente vive en Barcelona onde un dos seus fillos traballa como oculista.

A miña avoa recorda sempre a súa chegada como una día moi esperado, xa que estaba toda a familia xunta e preparaban un xantar especial para recibir a esta parte da familia. Para os máis pequenos era como o día de Reis.

Aquí vos deixo esta imaxe que enviaronlle a miña avoa dende México, moi ben vestidos as portas do seu negocio.