Así comezou o conflicto das Encrobas, un conflicto agrario iniciado no 1975 que acadou una gran repercusión en Galicia. Nel reflíctense as peculiaridades e características daquel cheo de expectativas de liberdade e transformación social.
A empresa eléctrica galega, denominada entón Unión Fenosa, pretendeu explotar un xacemento de lignito pardo depositado no subsolo do val agrícola sobre o que se asentaba unha gran parte da poboación desta parroquia, que roldaba naquel momento os mil cincocentos habitantes. O procedemento elixido, de extracción a ceo aberto, esixía o desaloxo de aproximadamente catrocentas familias campesiñas , estas familias dedicabanse á agricultura e a gandaría.
O gobernó aprobou un expediente de expropiación forzosa para que a empresa, se non chegaba a acordos cos afectados, puidese facerse cos terreos urxentemente. Foron precisamente os enfrontamentos aos que deron lugar os intentos de ocupación dos terreos, fotografados e narrados polos periódicos con forte dramatismo, os que outorgaron protagonismo ás mulleres das Encrobas e suscitaron o apoio masivo da sociedade, que sería decisivo para o abandono do procedemento expropiatorio e a apertura de negociacións entre a empresa e as persoas afectadas. O último destes intentos de ocupación, que se prolongou durante toda unha fría mañá do mes de febreiro de 1977 e deu como resultado desmaios, agresións e detencións, ocupou portadas e páxinas interiores de varios periódicos e revistas, nas que podiamos ver mulleres situadas na primeira liña da resistencia, enfrontándose con decisión ao embate da Garda Civil.
Nos días de hoxe, alí atopase una gran central térmica no solo expropiado a os campesiños que tiveron que buscarse a vida tralo seu desaloxo.
A empresa eléctrica galega, denominada entón Unión Fenosa, pretendeu explotar un xacemento de lignito pardo depositado no subsolo do val agrícola sobre o que se asentaba unha gran parte da poboación desta parroquia, que roldaba naquel momento os mil cincocentos habitantes. O procedemento elixido, de extracción a ceo aberto, esixía o desaloxo de aproximadamente catrocentas familias campesiñas , estas familias dedicabanse á agricultura e a gandaría.
![]() |
O papel das mulleres na revolta foi fundamental |

O momento cumbre do conflicto foi no ano 1977 cando aproximadamente 200 gardas civis trasladáronse a aldea armados con fusiles co obxetivo de levar a cabo a expropiación.
No lugar a poboación soportou as cargas e a sua oposición a deixarse avasallar e regalar as suas terras acabou por ter recompensa. Esta oposición fixo que a Unión Fenosa tivera que cambiar de estratexia e realizaron una nova oferta aos agricultores. Responderon defendendose dos gardas con paraguas e pedras
O conflicto nunca quedou resolto completamente, pero os seus habitantes tiveron que abandonar a sua casa e a parroquia sufriu un importante éxodo rural, moitos deles deixaron pegada na participación no conflicto como foi Moncho Valcarce, o cura das Encrobas foi detido tras a contenda.
Nos días de hoxe, alí atopase una gran central térmica no solo expropiado a os campesiños que tiveron que buscarse a vida tralo seu desaloxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario