O difícil drama que moitas familias sufriron durante
os anos de guerra, de posguerra ou de ditadura polo que familias quedaron
reducidas ou outras moitas tiveron que despedirse simplemente por defender unha
postura acorde o seu pensamento.
O drama do exilio afectou a moitos galegos e
galegas que víronse obrigados a abandoar a súa terra xa que serían postos en
mans dos franquistas e logo asasinados.
Senteime coa miña aboa a que me contara o a
historia do seu tio Pepe Platas Fernández, irmán da miña bisavoa.
Pepe era republicano o que se coñecía como roxo.
Era o terceiro de sete irmáns, como eles naceu no 1907 na parroquia do Viso, en
Vilasantar; A Coruña. Pouco foi a escola xa que tiña que axudar aos seus pais a
coidar dos irmán pequenos ou nas terras ou co gando. “A vida era dura nas
aldeas naqueles tempos” -dixome. Os seus pais eran Xan e Marica e sempre viron
nel o seu carácter liberal e cos anos comezaron a ter medo co que poidera
pasar, era inconformista cada vez estaba máis en contra das ideas da dereita.
Xa moi novo, miña avoa cóntame que xa lle
gustaba reunirse nas tabernas para discutir sobre política ou nas reunións de
familia sempre sacaba o tema.
Coñeceu a súa muller, Carmen cando tiña 19
anos e ela 18, era da Coruña, coñeceuna nas festas do San Pedro de Présaras, a
onde asistía xente dos arredores. O seu noviazgo durou 5 anos e casaron na Coruña,
nos tempos da república que comezaba a xurdir.
Estes anos pasounos preto da casa dos seus
pais traballando na terra e como ferreiro a súa muller era costureira nunha
pequena tenda na aldea, vivian en Présaras.
Conforme ían pasando os anos a débil
república comezaba a tambalearse ata que no ano 36 o golpe de estado deu paso a
terrible guerra que supoñía para el a súa marcha ou a morte pois sentíase
perseguido e viu como algúns compañeiros estaban a ser delatados por veciños e
a garda Civil viña por eles a buscalos as casas fandeoos presos e matandoos,
polo que a unica solución que lle quedaba era fuxir do país.
Decidiu marchar a México, foi alí xa que un
amigo marchara ao comezo da guerra. En novembro do 36 saíu do porto da Coruña
rumbo a México en barco cunha gran pena ao ter que deixar a sua familia, muller
e amigos sen saber que sería del alí e sen saber se podería algún día volver a
pisar a súa terra. Despois dun largo viaxe chegou a México e instalouse na casa
do seu amigo Vicente que xa conseguira un traballo nunha tenda. Por fín atopábase
fora de peligro. Vicente axudouno a conseguir un traballo e cando gañou os
primeiros cartos pagou o billete da súa muller.
No ano 40 xa atopábanse os dous instalados en
México DF e tiveron unha filla chamada María nada naquel país. Despois de
aforrar e poder vivir dignamente montaron unha tenda que por sorte según
contaban, foilles moi ben e ata abriron outra máis na cidade, tiñan empleados
traballando e pagáronlle a súa filla unha educación.
Unha vez rematada a guerra Pepe negouse a
abandoar a súa privilexiada vida en México, pero cada ano voltaba uns días de
vacacións a ver a súa familia no Viso o que era considerado una celebración xa
que uníase toda a familia para recibilos despois dos duros anos que pasaron.
Traia agasallos para todos, xoguetes para os
pequenos, roupa para as irmans, e cartos. Preocupábase en axudar co que gañaba
a súa familia. Rematados estes días de vacacións voltaba a México.
Así transcorreron os anos tiveron dous netos
pero Pepe faleceu no 2001 con 94 anos en México, e alí quedou enterrado.
Pola contra a súa filla voltou a España e
actualmente vive en Barcelona onde un dos seus fillos traballa como oculista.
A miña avoa recorda sempre a súa chegada como
una día moi esperado, xa que estaba toda a familia xunta e preparaban un xantar
especial para recibir a esta parte da familia. Para os máis pequenos era como o
día de Reis.
![]() |
Aquí vos deixo esta imaxe que enviaronlle a miña avoa dende México, moi ben vestidos as portas do seu negocio. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario