Comencei a pensar a que dedicarlle a primeira entrada deste novo tema sobre a cultura galega e pensei en algo relacionado coa música ata que se me viu a mente a banda de música galega Toxos e Froles, a máis coñecida na miña cidade. Tal vez acordeime dela porque é moi habitual que saía a rúa sobre todo nas procesións da Semana Santa ferrolana aínda que tamén soe dar concertos e actuar en outras ocasións.
Según lin, a orixe desta banda data de comezos do siglo XX no 1907 existía en Ferrol unha orquesta chamada Airiños d'a miña terra cando o presidente désta, o Xeneral do corpo de Enxeñeiros Andrés Avelino Comerma y Batalla, xestionou unha xira por Cataluña en Xuño de 1907. Esta orquesta de corda, cunha grande raigame na cidade de Ferrol, viaxou acompañada por un coro típico galego, debidamente uniformado cós traxes rexionais, integrado por 19 coristas, un gaiteiro , un tamborileiro e dúas parellas de baile.
Pero no 1914, por iniciativa dun gaiteiro, que era operario no arseal, xunto cun oficial de Infantería de Mariña retirado, e revisteiro do Arseal, empézase a darlle forma ó nacemento dun coro galego na Cidade de Ferrol, nun primeiro momento denominado Coro Feijóo "Toxos e Froles", rendindo homenaxe ó iniciador dos coros galaicos, D. Perfecto Feijóo y Poncet, que era coñecido popularmente como o "Gaiteiro do Lérez", e o que lles impulsa a levar a cabo este proxecto. Así, comenzan a ensaiar no local de "Airiños d'a miña terra", e os domingos no Teatro "Romea" que actualmente é o teatro Xofre. O Toxos toma forma definitiva cando o Goberno Provincial refrenda o regulamento polo que se rexiría no futuro, o 30 de xaneiro de 1915, ademáis a primeira bandeira do coro foi conseguida por subscrición popular e entregada polo poeta ourensán Antonio Rey Soto, representante das Irmandades da Fala.
Ao pouco tempo comezaron a incorporar a o coro voces de mulleres e a primeira obra que interpretaron foi unha zarzuela titulada "O zoqueiro de Vilaboa"pero seguironna obras como o himno galego.
Na traxectoria artística do Real Coro "Toxos e Froles", incontables foron os premios acadados pola Coral e corpo de baile. Entre eles baste citar o 1º Premio nas III Xornadas, en 1971; o 3º Premio no Festival Folklórico de Alcázar de San Juan, en 1974; outro 1º Premio nas Xornadas Folklóricas da Cidade de Ourense, en 1979; 3º Premio no Festival Internacional de Torremolinos, en 1992, etc..Tamén é de destacar que a agrupación conta con numerosas distincións.
Actualmente, a coro esta formado por 45 componentes que tamén abarca agrupacións de cantareiras, teatro, unha escola de palilleiras e bordadoras, de baile tradicional, grupos de instrumentos...

Ningún comentario:
Publicar un comentario