Esta é a historia do meu bisavó, que foi
reclutado para exercer de Garda Civil durante os anos da Guerra en lugar de participar
nela.

Durante os primeiros anos de casados trasladáronse
a vivir a Présaras onde o meu bisavó traballaba na terra e a muller traballaba
na fábrica de liño de Présaras na que realizábanse colchas, alfrombras,
sábanas...era propiedade dunha familia coruñesa pero máis tarde pasou a mans
duns empresarios cataláns, que anos despois como non marchaba como querían terminaron por plantarlle lume desaparecendo a fábrica por completo, polo que puido
xubilarse pero moita xente quedou sen traballo. A maioría dos traballadores
eran mulleres. Concha foi a primeira muller da familia en traballar de maneira
remunerada.

Vicente, pola contra traballaba no campo e coidando
os fillos. Tiveron seis fillos entre os que se encontra a miña avoa Celsa.
No ano 36 foi reclutado ao cuartel da Garda
Civil de Touro (Arzúa) traballo que exercería pola forza e con gran pena por todo o que mandabanlle facer. Xunto
cos seus compañeiros e dirixidos por un superior eran obrigados a vixiar as
aldeas da zona en busca de xente contraria ao réxime, xa que moitos se
escondían en palleiros, nas cuadras, nos hórreos, nos montes ou onde podían.
Moitos veciños daban nomes as autoridades para
facilitar o seu prendemento, aínda que outros axudaban a esconderse e a fuxir a
pesar do risco que corrían de ser eles os delatados. Nesa zona andaba o Foucellas, un dos guerrilleiros mais coñecidos, e vironno nunha ocasión disfrazado de garda entrando na casa duns veciños a roubarlles.
Meu bisavó contaba que un día mandáronlles ir
en busca de escondidos e cando a él se lle asignou una zona dixéronlle:
-Vicente, ó pallar! Como non lle quedaba, outra cumpríu a orde e cando entra, descobre que na parte de enriba había varios
homes moi ben escondidos e a escuras entre as pallas. Deuse conta de que entre un dos
homes que atopábase ali era un coñecido seu, Vicente reaccionou dicíndolles que por favor non
fixeran ruído e que se calaran pois non estaba disposto a que a un grupo de homes inocentes acabasen morrendo, saíu
do pallar dicíndolle ao superior que alí non había nadie e durante días estuvo
intranquilo e preocupado pensando que seria daqueles homes.
Por aquelas fechas a primeiros do ano 39
naceu a miña avoa, sendo a quinta filla do matrimonio e supuxo que porfín podía
deixar a Garda Civil como levaba desexando dende o seu recrutamento. Sempre dicía
que non nacera para exercer este traballo e menos o de deter xente por estes motivos. Voltou de novo ao
traballo na sua casa de Présaras e a coidar os seus seis fillos sen nunca
esquecer esos terribles anos nos que tivo que presenciar fusilamentos,
inxustizas...O soldo que recibía traballando para o corpo era de 5ptas ao mes.
Tampouco esquecía o medo que pasaba exercendo ese traballo xa que algúns veciños
sospeitaban de el como garda xa que crían que podía ser un dos que
realmente predían a xente e ata chegaban a asustar a súa familia polo que a súa
saia do corpo foi un gran alivio xa que el nunca comulgaría co réxime.
![]() |
O cuartel na actualidade |